Estatutos da Asociación para o Estudio da Adquisición da Linguaxe

CAPITULO I

NOME, FINALIDADES, ENDEREZO E ÁMBITO DE APLICACIÓN:

Artigo 1. Co nome de Asociación para o Estudo da Adquisición da Linguaxe (AEAL) (Asociación para el Estudio de la Adquisición del Lenguaje; Associació per l’Estudi de l’Adquisició del Llenguatge; Hizkuntza Jabekuntza Ikasketen Elkartea) constitúese unha ASOCIACIÓN ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, e normas complementarias, con personalidade xurídica e plena capacidade de obrar, sen ánimo de lucro.

Artigo 2. Esta asociación constitúese por tempo indefinido.

Artigo 3 . A existencia desta asociación ten como obxectivo:

 1) Promover o estudo da adquisición e o desenvolvemento da linguaxe tanto en situacións monolingües, como bilingües ou multilingües. Será atención preferente da asociación impulsar investigacións que permitan un mellor coñecemento da forma en que as linguas española, catalá, galega e vasca son aprendidas polos nenos, así como do seu posterior desenvolvemento.
2)Estudar as relacións que o desenvolvemento da linguaxe ten con outros procesos psicolóxicos, socioculturais, biolóxicos, e educativos, así como coas características das linguas.
3) Impulsar o coñecemento das relacións entre o desenvolvemento da lingua oral e a aprendizaxe da lingua escrita ou outros sistemas de comunicación.
4) Contribuír ao coñecemento dos trastornos e dificultades na adquisición e o desenvolvemento da linguaxe, e ao das técnicas de intervención apropiadas.
5) Difundir os coñecementos científicos sobre a adquisición e o desenvolvemento da linguaxe.
6) Promover o contacto científico, a comunicación e a colaboración entre os investigadores da adquisición e o desenvolvemento da linguaxe.
7) Asesorar a cuantos organismos precisen dun consello especializado sobre a aprendizaxe e desenvolvemento da linguaxe, tanto sexa da primeira como das segundas linguas.

Artigo 4. Para o cumprimento destes fins realizaranse as seguintes actividades:

1) Realizar periódicamente congresos científicos sobre la adquisicióne desenvolvemento da linguaxe.
2) Organizar ou impulsar reunións temáticas, seminarios e simposios temáticos.   
3) Elaborar, editar y difundir información para os asociados que informe de novas e actividades.  
4) Promover o publicación de trabajos en revistas científicas y libros sobre la adquisición y el desarrollo da linguaxe.
5) Establecer contactos e colaboracións con outras asociacións co mesmo fin.
6) Crear unha páxina web de asociación que facilite a comunicación cos interesados.
7) En todas as súas actividades, a asociación promoverá a presenza de todas as linguas oficiais do Estado español.

Artigo 5. A Asociación establece o seu domicilio social en Palma, Instituto de Investigación e Innovación Educativa – Universitat de les Illes Balears – Ctra. Valldemossa, Km. 7,5 – 07122, e o seu ámbito territorial no que desenvolverá principalmente as súas actividades é o territorio nacional e internacional, con especial incidencia en América Latina.

CAPITULO II

ÓRGANO DE REPRESENTACIÓN

Artigo 6. A Asociación será xestionada e representada por unha Xunta Directiva formada por: un/unha Presidente/a, un/unha Vicepresidente/a, un/unha Secretario/a, un/unha Tesoureiro/a e 6 vogais. Todos os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuítos. Estes serán designados e revogados pola Asemblea Xeral e o seu mandato terá unha duración de 3 anos que poderán ser renovables por un segundo mandato.

Artigo 7. Estes poderán causar baixa por renuncia voluntaria comunicada por escrito á Xunta Directiva, por incumprimento das obrigacións que tivesen encomendadas e por expiración do mandato.

Artigo 8. Os membros da Xunta Directiva que esgotasen o prazo para o cal foron elixidos, continuarán desempeñando os seus cargos en funcións ata o momento en que se produza a aceptación dos que lles substitúan.

Artigo 9. A Xunta Directiva reunirase cantas veces o determine o seu Presidente/a e a iniciativa ou petición dun terzo dos seus membros. Quedará constituída cando asista a metade máis un dos seus membros e para que os seus acordos sexan válidos deberán ser tomados por maioría de votos. En caso de empate, o voto do Presidente ou a Presidenta será de calidade.

Artigo 10. Facultades da Xunta Directiva: As facultades da Xunta Directiva estenderanse, con carácter xeral a todos os actos propios das finalidades da asociación, sempre que non requiran, segundo estes Estatutos, autorización expresa da Asemblea Xeral.

Son facultades particulares da Xunta Directiva:

a) Dirixir as actividades sociais e levar a xestión económica e administrativa da Asociación, acordando realizar os oportunos contratos e actos.

b) Executar os acordos da Asemblea Xeral.
c) Formular e someter á aprobación da Asemblea Xeral os Balances e as Contas anuais.
d) Resolver sobre la admisión de novos asociados.
e) Nomear delegados para algunha determinada actividade da Asociación.
f) Cualquera outra facultade que non sexa da exclusiva competencia da Asemblea Xeral de socios.

Artigo 11. O/ a Presidente/a terá as seguintes atribucións: Representar legalmente á Asociación diante de toda clase de organismos públicos ou privados; convocar, presidir e levantar as sesións que celebre a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva , así como dirixir as deliberacións dunha e outra; ordenar pagos e autorizar coa súa firma os documentos, actas e correspondencia; adoptar calquera medida urxente que a boa marcha da Asociación aconselle ou no desenvolvemento das súas actividades resulte necesaria ou conveniente, sen prexuízo de dar conta posteriormente á Xunta Directiva.

Artigo 12. O/ a Vicepresidente/a substituirá ao Presidente ou a Presidenta en ausencia deste/a, motivada por enfermidade ou calquera outra causa, e terá as mesmas atribucións que el/ela.l.

Artigo 13. O/ a Secretario/a terá a cargo a dirección dos traballos puramente administrativos da Asociación , expedirá certificacións, levará os libros da asociación legalmente establecidos e o ficheiro de asociados, e custodiará a documentación da entidade, facendo que se cursen as comunicacións sobre designación de Xuntas Directivas e demais acordos sociais inscribibles aos Rexistros correspondentes, así como o cumprimento das obrigacións documentais nos termos que legalmente correspondan.

Artigo 14. O/ a Tesoureiro/a recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación e dará cumprimento ás ordes de pago que expida o/a Presidente /a.

Artigo 15. Os/as Vogais terán as obrigacións propias do seu cargo como membros da Xunta Directiva, e así como as que nazan das delegacións ou comisións de traballo que a propia Xunta lle encomende.

Artigo 16. As vacantes que se puidesen producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva serán cubertas provisionalmente entre os devanditos membros ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral convocada para o efecto.

CAPITULO III

ASEMBLEA XERAL

Artigo 17. A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno da Asociación e estará integrada por todos/as os asociados/as.

Artigo 18. As reunións da Asemblea Xeral serán ordinarias e extraordinarias. A ordinaria celebrarase unha vez ao ano dentro dos catro meses seguintes ao peche do exercicio; as extraordinarias celebraranse cando as circunstancias o aconsellen, a xuízo do Presidente ou a Presidenta, cando a Xunta Directiva o acorde ou cando o propoña por escrito unha décima parte dos asociados.

Artigo 19. As convocatorias das Asembleas Xerais realizaranse por escrito expresando o lugar, día e hora da reunión, así como a orde do día con expresión concreta dos asuntos para tratar. Entre a convocatoria e o día sinalado para a celebración da Asemblea en primeira convocatoria haberán de mediar polo menos quince días, podendo así mesmo facerse constar se procedese a data e hora en que se reunirá a Asemblea en segunda convocatoria, sen que entre unha e outra poida mediar un prazo inferior a trinta minutos.

Artigo 20. As Asembleas Xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, quedarán validamente constituídas en primeira convocatoria cando concorran a ela un terzo dos asociados con dereito a voto, e en segunda convocatoria calquera que sexa o número de asociados con dereito a voto.

Os acordos tomaranse por maioría simple das persoas presentes ou representadas cando os votos afirmativos superen aos negativos, non sendo computables para estes efectos os votos nulos, en branco, nin as abstencións.

Será necesario maioría cualificada das persoas presentes ou representadas, que resultará cando os votos afirmativos superen a metade destas, para:

a) Disolución da entidade.

b) Modificación de Estatutos.
c) Disposición ou alleamento de bens integrantes do inmobilizado.
d) Remuneración  dos membros do órgano de representación.
e) Constitución dunha Federación de Asociación.
f) Integración ou vinculación a outra asociación.

Artigo 21. Son facultades da Asemblea Xeral::

a) Aprobar, a xestión da Xunta Directiva.
b) Examinare aprobar as contas anuais.
c) Elixir os membros da Xunta Directiva.
d) Fixar as cotas ordinarias ou extraordinarias.
e) Disolución da Asociación.
f) Modificación dos Estatutos.
g) Disposición ou alleamento dos bens.
h) Acordar, no seu caso, a remuneración dos membros dos órganos de representación.
i) Calquera outra que non sexa competencia atribuída a outro órgano social.

Artigo 22. Requiren acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para o efecto:

a) Modificación dos Estatutos.
1 Requerirá acordo de modificación dos Estatutos e que conste nas contas anuais aprobadas en Asemblea art. 11.5 O 1/2002.
b) Disolución da Asociación.

CAPITULO IV

SOCIOS

Artigo 23. Poderán pertencer á Asociación aquelas persoas con capacidade de obrar que teñan interese no desenvolvemento dos fins da Asociación e acrediten a súa competencia para contribuír aos mesmos.

Artigo 24. Dentro da Asociación existirán as seguintes clases de socios:

a) Socios fundadores, que serán aqueles que participen no acto de constitución da Asociación.
b) Socios de número, que serán os que ingresen despois da constitución da Asociación.
c) Socios de honor, os que polo seu prestixio ou por contribuír de modo relevante á dignificación e desenvolvemento da Asociación sean nombrados por la Asamblea Xeral. Se les podrá otorgar a título honorífico la distinción de Presidente de honor.

Artigo 25. Os socios causarán baixa por algunha das causas seguinte:

a) Por renuncia voluntaria, comunicada por escrito á Xunta Directiva.
b) Por incumplimiento das obrigacións económicas, se deixase de satisfacer 2 cotas periódicas.

Artigo 26. Os socios de número e fundadores terán os seguintes dereitos:

a) Tomar parte en cantas actividades organice a Asociación en cumprimento dos seus fins.
b) Gozar de todas as vantaxes e beneficios que a Asociación poida obter.
c) Participar nas Asembleas con voz e voto.
d) Ser electores e elexibles para os cargos directivos.
e) Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da Asociación.
f) Facer suxestións aos membros da Xunta Directiva en orde ao mellor cumprimento dos fins da Asociación.

Artigo 27. Os socios fundadores e de número terán as seguintes obrigacións:

a) Cumprir os presentes Estatutos e os acordos válidos das Asembleas e a Xunta Directiva.
b) Abonar as cotas que se fixen.
c) Asistir ás Asembleas e demais actos que se organicen.
d) Desempeñar, no seu caso, as obrigacións inherentes ao cargo que ocupen.

Artigo 28. Os socios de honra terán as mesmas obrigacións que os fundadores e de número fóra das previstas nos apartados  b) e d), do artigo anterior.

Así mesmo, terán os mesmos dereitos fóra dos que figuran nos apartados  c) e d) do artigo 26, podendo asistir ás asembleas sen dereito de voto.

Artigo 29. Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento dos fins e actividades da Asociación serán os seguinte:

a) As cuotas de socios, periódicas ou extraordinarias.
b) As subvencións, doazóns legados ou herdanzas que puidese recibir de forma legal por parte dos asociados ou de terceiras persoas.
c) Calquera outro recurso lícito.

Artigo 30. A Asociación carece de Fondo Social no momento da súa constitución.

Artigo 31. O exercicio asociativo e económico será anual e o seu peche terá lugar o 31 de decembro de cada ano.

CAPITULO V

DISOLUCIÓN

Artigo 32. Disolverase voluntariamente cando así o acorde a Asemblea Xeral Extraordinaria, convocada para o efecto, consonte o disposto no artigo 20 dos presentes Estatutos.

Artigo 33. En caso de disolución, nomearase unha comisión liquidadora a cal, unha vez extinguidas as débedas, e se existise sobrante liquido, o destinará para fins que non  desvirtúen a súa natureza non lucrativa.

DISPOSICIÓN ADICIONAL

En todo canto non estea previsto nos presentes Estatutos aplicarase a vixente Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación, e as disposicións complementarias.

En Santiago de Compostela ao 18 de novembro de 2005.

(FIRMAS de los que figuren como otorgantes del Acta Fundacional. Deberán firmar también en el margen de cada una de las hojas de los Estatutos).

D. Miguel Pérez Pereira

Dña. Itziar Idiazabal Gorrotxategi

D. Eliseo Diez Itza

Dña. Elisabet Serrat Sellabona

 

 

Modificación de los estatutos

 

En Palma, a 4 de octubre de 2021

D. Eliseo Díez Itza, presidente

Dña. Eva Aguilar Mediavilla, secretaria