Bolsas de inscrición ao XI Congreso da AEAL, Sevilla setembro 2025

Bolsas de inscrición ao XI Congreso da AEAL, Sevilla setembro 2025

Presentación

A Asociación para o Estudo da Adquisición da Linguaxe (AEAL) é consciente da importancia de apoiar a investigación sobre adquisición da linguaxe naqueles casos en que os investigadores e investigadoras proveñen de países con escasos fondos para a investigación, especialmente do “Sur global”. Deste xeito, coa finalidade de promover e impulsar o intercambio dos resultados de investigación máis alá do contexto europeo, AEAL convoca un número limitado de axudas á matrícula do próximo congreso AEAL. Estas axudas destinaranse a sufragar a inscrición ao mesmo exclusivamente de persoas asociadas a AEAL que non conten con suficiente orzamento para custear a asistencia ao congreso.

Condicións

  • A convocatoria está dirixida a investigadores e investigadoras pertencentes a AEAL que non conten con suficientes fontes de financiamento para custear a asistencia ao XI congreso da AEAL.
  • As persoas solicitantes deben ter aceptada unha proposta para a súa presentación durante o congreso e estar ao corrente de pagamento da cota da asociación no momento de solicitar a axuda.
  • A contía total da axuda por persoa é a do prezo de inscrición temperá de socio ao XI congreso de AEAL (Sevilla).
  • A axuda traspasarase directamente ao congreso unha vez recibida a inscrición. AEAL non se fai responsable de realizar a inscrición, polo que as persoas beneficiarias deberán rexistrarse antes do 15 de maio (inscrición temperá).
  • As persoas beneficiarias deben asistir de maneira presencial ao congreso.
  • Deberán mencionar o apoio da AEAL en calquera publicación ou actividade relacionada coa presentación no congreso.
  • Se, por calquera motivo, non puidesen asistir á conferencia, deben indicalo o antes posible para que esta sexa asignada a outra solicitude.

Como solicitar a axuda

  • Solicitudes: A convocatoria estará aberta entre o 1 de abril e o 30 de abril 2025 (Horario español).
  • Para solicitar a axuda deben responder ao cuestionario online: https://test.uib.es/enquestes/index.php/443889?lang=es
  • Documentación: Informe razoado da necesidade de financiamento.

Resolución

A Xunta Directiva da AEAL revisará que se cumpran os requisitos, priorizará as solicitudes tendo en conta os informes razoados e outorgará a axuda.

Os criterios de valoración serán os seguintes:

  • País de procedencia (país do Sur Global e renda per cápita do país, entre outros valores).
  • Tempo de socio en AEAL.
  • Tipo e interese da presentación.
  • Valoración dos medios económicos dispoñibles.
  • Tempo desde a lectura da tese (ou de estudante pre-doutoral en caso de non lectura), priorizando a investigadores noveis.

As resolucións notificaránselles aos solicitantes e publicaranse na páxina web da AEAL.

Para máis información, pode contactar a través do correo electrónico da AEAL (aeal@aeal.eu).